Servizos e tarifas Casiña de Asunción
¡¡Dende abril 2018,
HABITACIÓNS e COCIÑA RENOVADAS!!
Capacidade das habitacións:
10 persoas, distribuídas en:
2 habitacións para 2 persoas
2 habitacións para 3 persoas
As camas dispoñen de ajuar completo
TARIFAS
Temporada única Aluguer mínimo: 2 días |
|
2 días: 275 € 3 días: 415 € 4 días: 525 € 5 días: 555 € 6 días: 565 € 7 días: 605 € |
- Estos prezos teñen o 10% de I.V.E. engadido.
- Cobrarase a totalidade no momento do rexistro.
A "Casiña de Asunción" está composta no seu interior por: cociña equipada con placa vitrocerámica, neveira, sala de estar con TV, cuarto de baño con dúas duchas, un aseo, catro habitacións con axoval completo de cama e toallas (3 con confortables literas 1 1 con 2 camas individuais), lavadora automática e pilón, auga quente e calefacción. Conexión WIFI gratis.
No exterior, a Casiña dispon dunha ampla terraza con xardín (completamente pechado) con sombra dunha grande nogueira, mesas bancos e cadeiras, tumbonas e barbacoa.
Está situada nun entorno privilexiado, xunto á Granxa de Barreiros, a 5 minutos da vila de SARRIA e rodeada de interesantes destinos turisticos:
a 50 min en coche da RIBEIRA SACRA,
a 20 min de SAMOS y O COUREL,
a 30 min de LUGO,
a 40 min da comarca de Os ANCARES,
e a 60 min de OURENSE.
Á súa chegada, os huéspedes dispoñen dun kit de benvida: fruta, leite, café, infusións e galletas.
A Granxa de Barreiros dispón dun aloxamento íntimo e confortable para aqueles hóspedes que desexen un ambiente máis tranquilo e relaxado. Trátase dunha vivenda unifamiliar con espazo axardinado ao redor, que foi completamente reformada no ano 2010, con renovación en 2018 de habitacións, cociña e xardín exterior.
É denominada "Casiña de Asunción" en honra á señora que a ocupou durante moitos anos e que prestou unha gran colaboración á Granxa de Barreiros. A casa atópase totalmente equipada para que os hóspedes poidan levar un ritmo de vida independente.