Quen somos
HISTORIA
A Granxa de Barreiros nace no ano 1939 como un proxecto no que se quería poñer en valor a vida no rural galego e dar un impulso importante ao desenrolo agrícola da comarca, con continuas actividades formativas tanto para nenos como para adultos.
En 2013 o Proxecto Granxa de Barreiros crea un novo equipamento coa denominación ALBERGUE GRANXA DE BARREIROS e oferta aloxamiento e actividades de Educación Ambiental para o público en xeral, contribuíndo ao desenrolo sustentable dentro da comarca de Sarria, participando así no desenrolo turístico do Camiño de Santiago e implicándose na conservación do seu patrimonio Natural e Cultural.
AS NOSAS SEÑAS DE IDENTIDADE
- Un entorno privilexiado, en plena natureza, con espazos que invitan ao descanso e relax do camiñante.
- Ideal para familias, ciclistas, grupos grandes (ata 49 paxs), etc. que realizan o Camiño ou desexan aloxarse para visitar o patrimonio natural e cultural da zona.
- Trato persoal e familiar.
- A nosa comida é de elaboración propia con produtos sans e de tempada, parte de eles procedentes da nosa horta ecolóxica.
OFRECEMOS
- Instalacións rehabilitadas, renovadas e cómodas, calefacción e auga quente; con capacidade para 49 persoas.
- Accesibilidade 100% para persoas con movilidade reducida.
>> VER aquí GALERÍA DE FOTOS das nosas instalacións.