Equipo humano
Un equipo coordinado para ofrecer unha atención personalizada, que coida a mellora das relacións humanas e comprometidos co medio.
Contamos cun equipo de profesionais altamente cualificado, con ampla experiencia pedagóxica e ecoturística, que se implican con ilusión e entusiasmo no proxecto do albergue e da granxa escola, especializados en diferentes áreas (educación ambiental, agricultura biolóxica, etnografía e historia, pedagoxía e educación artística: teatro, música, plástica).
Na convivencia con nenos, novos e adultos o trato é próximo e cálido. Están moi capacitados para favorecer en todo momento un ambiente de benestar e disfrute, dando moita importancia ao respecto cara a todas as persoas da nosa contorna natural e cultural, favorecendo o disfrute dos espazos comúns ao longo da xornada.