Casiña de Asunción

 

¡¡Dende abril 2018,

HABITACIÓNS e COCIÑA RENOVADAS!!

 

Consultar AQUÍ dispoñibilidade

 

Capacidade das habitacións:

10 persoas, distribuídas en:

2 habitacións para 2 persoas

2 habitacións para 3 persoas

As camas dispoñen de ajuar completo

 

 TARIFAS

 

Tempada alta

(xullo a setembro + festivos*)

 

Tempada baixa

(outubro a xuño)

   

1 día: 210 €

1 día: 200 €

2 días: 390 €

2 días: 370 €

3 días: 570 €

3 días: 510 €

4 días: 680 €

4 días: 620 €

5 días: 750 €

5 días: 650 €

6 días: 780 €

6 días: 660 €

7 días: 805 €

7 días: 700 €

  

* Días que se cobran como tempada alta:

do 1 ao 7 de xaneiro, do 10 ao 14 de febreiro, do 24 ao 31 de marzo (Semana Santa),

do 1 ao 2 de abril, do 28 ao 30 de abril, día 1 de maio, do 17 ao 20 de maio.

- Estos prezos teñen o 10% do I.V.E. engadido.

- Cobrarase a totalidade no momento do rexistro.

- Prezos vixentes ata decembro 2018.

 

A "Casiña de Asunción" está composta no seu interior por: cociña equipada con placa vitrocerámica, neveira, sala de estar con TV, cuarto de baño con dúas duchas, un aseo, catro habitacións con axoval completo de cama e toallas (3 con confortables literas 1 1 con 2 camas individuais), lavadora automática e pilón, auga quente e calefacción. Conexión WIFI gratis.

 

No exterior, a Casiña dispon dunha ampla terraza con xardín (completamente pechado) con sombra dunha grande nogueira, mesas bancos e cadeiras, tumbonas e barbacoa.

 

Está situada nun entorno privilexiado, xunto á Granxa de Barreiros, a 5 minutos da vila de SARRIA e rodeada de interesantes destinos turisticos:


   a 50 min en coche da RIBEIRA SACRA,
    a 20 min de SAMOS y O COUREL,
     a 30 min de LUGO,
      a 40 min da comarca de Os ANCARES,
       e a 60 min de OURENSE.

 

Á súa chegada, os huéspedes dispoñen dun kit de benvida: fruta, leite, café, infusións e galletas.

 

 

A Granxa de Barreiros dispón dun aloxamento íntimo e confortable para aqueles hóspedes que desexen un ambiente máis tranquilo e relaxado. Trátase dunha vivenda unifamiliar con espazo axardinado ao redor, que foi completamente reformada no ano 2010, con renovación en 2018 de habitacións, cociña e xardín exterior.

É denominada "Casiña de Asunción" en honra á señora que a ocupou durante moitos anos e que prestou unha gran colaboración á Granxa de Barreiros. A casa atópase totalmente equipada para que os hóspedes poidan levar un ritmo de vida independente.

 

 

-asun
-principal
-principal
-exterior
-exterior
-exterior
-exterior
-exterior
-bano
-hab
-hab
-hab
-hab
-hab
-hab-3plazas
-salon
-salon